Skip to Content

    

 

Complementarias

II Encontro de Atranques Escolares

O pasado xoves, tivo lugar o II Encontro de Atranques Escolares no auditorio municipal Xosé Casal. Nel participaron, ademais do noso colexio, o CEIP de Cerdeiriñas (Piloño), CEIP de Merza, CEIP Ramón Valenzuela (Bandeira) e o IES Marco do Camballón (Vila de Cruces). Pasámolo xenial, escoitando as diferentes escenificacións. Velaquí as nosas, representadas polo alumnado de 6º curso.

 

DÍA ESCOLAR DA NON VIOLENCIA E A PAZ

Un ano máis, para celebrar o Día Escolar da Non Violencia e a Paz, levamos a cabo unha carreira solidaria pola vila. Esforzámonos moitísimo pero a causa fai que, ademais de cansos, remataramos moi ledos e orgullosos. Para rematar a xornada, representamos a canción "PAZ, PAZ, PAZ", para a que tiñamos unha coreografía super chula. Convidámoste a que botes un ollo ao noso gran día na galería de imaxes.

O MAGOSTO

O pasado 8 de novembro celebramos o magosto no colexio. Grazas ao bo tempo puidemos gozar dunha xornada de divertidos xogos no patio. Para recuperar as enerxías gastadas, ao final comemos as ansiadas castañas. Se queredes ver unha pequena mostra do ben que o pasamos, facede clic na imaxe para acceder á galería.

 

MURAL DO OUTONO

O outono xa está aquí, e con el os seus productos típicos. Hai que ver que obras de arte fixeron con eles @s nen@s do colexio!! Botádelles unha ollada facendo clic na imaxe.

 

 

FESTIVAL FIN DE CURSO

O curso chega ao seu fin e, con el, o tan esperado FESTIVAL DE FIN DE CURSO. O esforzo e ilusión de todo o alumnado mereceron a pena. Coas fotos e vídeos que nesta entrada colgamos, recordamos o ben que o pasamos. Agardamos que vos guste.

Facede clic na icona correspondente para botarlles unha ollada.

 

 

                                                   

 

Distribuir contido


by Dr. Radut