Skip to Content

    

 

blogue demaria.luisaotero

PUBLICACIÓN NOTAS FINAL DE CURSO

 Lembrámosvos que o venres 19 de xuño publicaránse na aplicación Abalar Móbil as notas finais do alumnado.

ENTREGA DE MATERIAL

A vindeira semana farase a entrega ás familias do material que o alumnado ten  no centro.

Debido á situación de alerta sanitaria, para evitar aglomeracións, establécense as seguintes quendas de recollida  en horario de 10 a 13 horas:

  • Educación Infantil: luns, día 1 de xuño (Edificio E. Infantil)
  • 1º, 2º e 3º de E. Primaria: martes, día 2 de xuño  ( Edificio E. Primaria)
  • 4º, 5º e 6º de E. Primaria: mércores, día 3 de xuño (Edificio E. Primaria)

O alumnado que teña na casa libros da biblioteca escolar ou maletas viaxeiras deberá devolvelo ese día.

As familias con alumnos en distintos niveis poden recollelo todo no día que lle corresponda ao maior deles.

Grazas pola colaboración.

 

AXUDAS LIBROS DE TEXTO, MATERIAL ESCOLAR E FONDO SOLIDARIO CURSO 2020/21

Dende o 20 de maio ao 19 de xuño está aberto o prazo para solicitar axudas para libros (1º e 2º de Educación Primaria), préstamos de libros do Fondosolidario (3º, 4º, 5º e 6º de E. Primaria) e material escolar para todo o alumnado de E. Primaria. (DOGA 19 de maio).

A solicitude pode realizarse :

--Na páxina web da Xunta de Galicia: https://www.edu.xunta.es/fondolibros/

--Na sede electrónica :https://www.sede.xunta.gal

--No centro: entregando cuberto e firmado o Anexo I e II e a documentación solicitada

 

 

 O centro permanecerá aberto en horario de mañá: de 09:00 a 13:10.

 

Debido á situación na que nos atopamos establécense as seguintes normas para a solicitude presencial:

  • É preciso pedir cita previa  no teléfono do centro (886151752) ou no correo electrónico ceip.nosasenhora.piedade@edu.xunta.gal.
  • Á hora de entregar a documentación só se permitirá a entrada dunha persoa .

REAPERTURA DE PRAZO DO PROCESO DE ADMISIÓN DE ALUMNADO PARA O CURSO 2.020/2.021

Restablecerase o prazo para a presentación das solicitudes de admisión de alumnado en centros docentes sostidos con fondos públicos, polo tempo que restaba cando se declarou o estado de alarma, de xeito que se iniciará o día 11 de maio de 2020 e rematará o día 18 do mesmo mes. (DOG 6 de maio).

 

O Centro permanecerá aberto en horario habitual de mañá: de 09:00 h a 13:10 h a partir do día 11 de maio.

Debido á situación na que nos atopamos establécense as seguintes normas:

O alumnado que xa está matriculado no centro NON ten que facer ningunha xestión.

INFORMACIÓN IMPORTANTE SOBRE AXUDAS DA BECA DE COMEDOR ESCOLAR

 Informáronnos de  que algunhas familias que solicitaron a AXUDA COVID19 DO COMEDOR, non recibiron o ingreso. Todos os solicitantes que esteades nesta situación, escribídenos un correo a ceip.nosasenhora.piedade@edu.xunta.gal cos vosos datos e número de conta para facer a reclamación oportuna. Moitas grazas.

Distribuir contido


by Dr. Radut