O pasado luns, celebrouse o día das BIBLIOTECAS e nós quíxemolo celebrar no recuncho máis especial de todo o colexio. Alí, entre libros, decoracións de medo e a compañía dos nosos/as amigos e amigas tivemos tempo para realizar unha chea de actividades: marcadores, marcapáxinas e incluso puidemos levar a mochila viaxeira para a casa.
A nosa BIBLIOTECA quedou inaugurada e a partir de agora irémosvos mostrando o que nela facemos. Non vos despistedes se non vos queredes perder nada.
Invitámosvos a que vexades o ben que o pasamos o 24 de outubro. Clicade na imaxe e non perdades detalle!