Bo día rapaces/as
Esta semana propóñovos unha sesión para traballar a coordinación, o equilibrio e a velocidade de reacción; agardo que vos guste.
Quixera tamén aclarar algunhas dúbidas con respecto a estas actividades e xogos que vos vou subindo para levar a cabo nesta materia.
É certo que dixen que, se era posible, algunha vez me mandarades un pequeno vídeo ou fotografías de como levabades a cabo as tarefas que vou propoñendo. Gustaríame puntualizar que isto só ten o obxectivo de valorar eu se as actividades que mando van sendo axeitadas e do gusto dos nenos e nenas que as fan. En ningún caso quero cargarvos de traballo ás familias, que xa bastante tedes. As propostas tampouco son obrigatorias, con elas só pretendo darvos ferramentas o máis lúdicas posibles para que poidan manterse activos/as e, ao mesmo tempo, o pasen o mellor posible. Así que non vos preocupedes por facelas todas e moito menos de gravar cada unha delas posto que non o preciso, con ter novas vosas para coñecer como é o progreso, dificultades ou dúbidas é suficiente.
O que procuro dende esta área é poñer a vosa disposición material para que logo vós, en función do tempo e posibilidades o levedes a cabo. En ningún caso pretendo que as propostas sexan unha preocupación ou obriga e, moito menos, vos sintades comprometervos a gravar cada actividade.
Os que seguides tendo dificultades para enviarme o material, posto que os vídeos pesan moito, lembrade que podedes empregar https://wetransfer.com/. Nesta páxina só tedes que agregar o arquivo, poñer o voso enderezo electrónico e o destinatario. Se tedes algunha dificultade neste ou calquera outro eido no que eu vos poida axudar, por favor facédemo saber.
Para rematar, recomendarvos que, a partires de hoxe nesta nova fase de desescalada na que temos un pouco máis de liberdade, fagades as máximas actividades posibles ao aire libre e decubrades, por exemplo, novas rutas de sendeirismo para facer actividade física en familia á par que desfrutades dunha contorna preciosa que moitas veces, por ter ao noso redor, non valoramos o suficiente.
Podedes axudarvos de diferentes aplicacións e ferramentas para atopar novas rutas ou lugares para visitar. Deixovos como exemplo, unha moi coñecida, wikilok, que vos ofrece diversas rutas pola contorna amosándovos as características das mesmas para que poidades elixir a que máis se adapta a vós segundo o tipo de ruta, a dificultade, o desnivel, a idoneidade para ir en familia e opinións sobre a mesma. Aademais ten a posibilidade de guiarvos na vosa andaina co GPS.
Aquí vos deixo o enlace: https://es.wikiloc.com/wikiloc/map.do?sw=42.75426025052213%2C-8.281030654907228&ne=42.847212488779014%2C-8.152284622192385&page=1
Moito ánimo que xa queda menos.