O pasado xoves 29 de outubro o alumnado de 6º curso fixemos unha saída a Carixa, en dúas quendas para preservar os grupos burbulla, onde David Arcay nos deu unha charla sobre a necesidade de preservar a natureza e, máis concretamente, os nosos ríos.
Tamén nos amosou un novo deporte, para moitos de nós descoñecido: a pesca deportiva sen morte.
Foi unha xornada xenial, onde aprendemos unha morea de cousas e comprobamos porque Arcay é campeón do mundo na súa disciplina, QUE BEN PESCA!!
Para ver as fotografías da xornada, click AQUÍ.