O pasado venres, para conmemorar a Semana da Prensa, o alumnado de 1º e 2º curso de Primaria do noso colexio, representou un Telexornal con novas de todos os eidos da nosa contorna. Fixérono xenial, así que animádevos a velo clicando no vídeo que aparece a continuación.
Aproveitando que estabamos todos xuntos, os alumnos e alumnas de 6º curso quixeron homenaxear as mulleres máis importantes nas súas vidas, amosándonos os múltiples traballos que pasaron para poder saír adiante. Nós tamén nos unimos a eles e agradecemos a loita no día a día das mulleres, sempre traballando por un futuro mellor.
A semana pasada fixemos o tan ansiado desfile de entroido. Esperamos que vos gustara moito. Se non poidestes asistir, facede click AQUÍpara ver as fotos.
Tamén tedes á vosa disposición o vídeo das actuacións:
O entroido xa está aquí e para darlle a benvida, xuntámonos cos demais centros da contorna no Auditorio Muicipal de Vila de Cruces nos Atranques Escolares dos Xenerais da Ulla.
Velaquí as parrandas coas que participamos o alumnado de 5º e 6º curso. Agardamos que vos gusten!!
Canto tardou en chegar e que rápido pasou a excursión dos tres días! Este ano os nenos e nenas de quinto e sexto do CEIP Nosa Señora da Piedade fomos á estación de esquí de Leitariegos, en León. O primeiro día tivemos actividades de rocódromo, tiro con arco e tirolina. Na segunda xornada fixemos a toma de contacto coa neve e máis tarde visitamos o "Centro de Interpretación del Urogallo"; xa o terceiro día fomos quen de nos tirar polas pistas verdes sen medo. Foi xenial!!
O pasado 10 de decembro foi o Día da Declaración Universal dos Dereitos Humanos e, para celebralo, o alumnado de 5º curso de Primaria deleitou a todo o colexio con varias representacións. Botádelles un ollo, xa veredes o ben que o fixeron!!
- Ensináronnos a importancia deste día, así como os Dereitos Humanos máis significativos
- Déronnos ideas para solucionar os conflitos pacíficamente