Velaquí tedes un vídeo para amosarvos como celebramos este día tan importante no que, ademais de gozar ao ritmo de Uxía Lambona e a Banda Molona coa súa canción "De festa", que fai tributo ao pacifismo, tamén limos un manifesto en prol da paz. Atentxs! Ao final veredes que aparece unha vaca pola paz moi particular!
Este mes comezamos cunha nova proposta para dinamizar os recreos e extender a nosa biblioteca ao exterior, perseguindo o obxectivo de que esta parte tan importante do noso colexio se vaia coando pouco a pouco en todos os recantos do mesmo.
Polo tanto, coa intencionalidade de fomentar o gusto/interese pola lectura, púxose en marcha a "BIBLIOPATIO" que consiste en sacar todos os días un carro/caixiña con diferentes propostas de contos, revistas,...para todos/as aqueles/as que desexen desfrutar un ratiño de boas palabras e ilustracións.
Cada certo tempo, as propostas irán cambiando en función dos intereses do alumnado. Nestas imaxes podedes ver as nosas novas "bibliopatios".
Por outra banda, dicir tamén que as MOCHILAS VIAXEIRAS comezaron a súa andaina. Que sorpresas agochará desta vez?
Despois de tanto tempo agardando, hoxe por fin puidemos levar a cabo a nosa primeira saída. Os nenos e nenas de educación infantil, desprazámonos ata a praza da vila para asistir á festa da castaña. Alí puidemos degustar este fabuloso manxar. Velaquí vos deixamos unha pequena mostra do ben que o pasamos. Clicaque na seguinte imaxe para descubrilo.
Este ano volvemos a celebrar o magosto, iso si, respectando as normas sanitarias vixentes. Pasámolo moi ben e, como proba, aquí vos deixamos un vídeo e unha galería de imaxes á que podedes acceder pinchando enriba do GIF animado: