Skip to Content

    

 

Actividades

INVITACIÓN CONVIVENCIA ESCOLAR 2023

CONVIVENCIA ESCOLAR 

Temos o gusto de invitar a todas as nosas familias a unha xornada de convivencia que se celebrará o próximo 19 de Xuño.

Aquí vos deixamos a invitación. Non o dubidedes e achegádevos a compartir con nós este día tan especial.

AGARDÁMOSVOS!

 

VISITA HÉITOR PICALLO

Ás portas do día das LETRAS GALEGAS, hoxe tivemos a grande oportunidade de recibir no noso centro a HÉITOR PICALLO, escritor e ilustrador galego. Mediante as súas ilustracións tan peculiares e cheas de vida e información, expúxonos un percorrido ao longo de todas as figuras homenaxeadas nas Letras Galegas. Fixo fincapé no autor homenaxeado este ano, Francisco Fernandez del RIego, amosándonos a ilustración que está a realizar e que se publicará proximamente.  Ademais, comparteu con nós técnicas básicas de ilustración e elaboración de caricaturas, coas que puidemos aprender moito. 

Con isto, estmaos máis que informados/as para a próxima celebración do día das letras galegas, o día de Galiza, das nosas letras, da nosa lingua.

MOITAS GRAZAS HÉITOR!

                                                                                 

 

CONVIVENCIA -EMPADRINAMENTO LECTOR, DIA DO LIBRO 2023

 

 

                                              

 

 

 

 

 

 

 

23 DE ABRIL - DIA DO LIBRO - CURSO 2022/2023

 

POR AQUÍ VOS DEIXAMOS PUBLICADO UN VÍDEO RESUMO DAS FOTOGRAFÍAS ACHEGADAS PARA CONMEMORAR O DÍA DO LIBRO. ESPERAMOS QUE VOS GUSTE!

PARA ACCEDER O VÍDEO, PINCHADE NO SEGUINTE ENLACE:

https://drive.google.com/file/d/1JYkD71D48poKzG5jNSc4xYo9XR4zQV-h/view?usp=share_link

 

                                                     

DESEÑOS ZOCOS 8M

                   

O pasado 8M se lembrades, puidemos contar con ELENA FERRO, pra conmemorar o Día Internacional da Muller. Todo o alumnado do centro elaborou uns zocos reivindicativos e fixemos un libro para que Elena puidera escoller un e facelo realidade.  E sabedes que? Xa o temos no cole, que ilusión nos fixo recibilo! Sobre todo a Leire Balo Silva de 2º curso de Educación Primaria, pois o seu deseño foi o escollido por Elena. O libro está exposto na entrada ao centro xunto co zoquiño. 

Moitas grazas a todos e todas as participantes na actividade. E tamén damos as grazas a Elena Ferro por facernos un oco na súa apretada axenda e nun día tan particular. Sen a vosa colaboración non sería posible levar a cabo esta actividade tan especial e reivindicativa.

Agardamos que vos guste! 

Distribuir contido


by Dr. Radut