Skip to Content

    

 

Complementarias

OUTONO 2022

VEN ONDA NÓS O OUTONO
DACABALO DO AIRE;
NOS CAMIÑOS DA FRAGA
OS OURIZOS XA ABREN.
SÍNTOO CHEGAR CONTENTO
DA ETERNA VIAXE
ENREDANDO ENTRE AS FOLLAS,
ESTREANDO FRIAXE.

ANA Mª FERNÁNDEZ.”Ondas de verde e azul”.Xerais

Xornada de Convivencia en Vedra

Benvidas e benvidos a tod@s a este novo curso.

Como equipo docente queremos darvos a benvida a este curso 2022/23 que afrontamos con enerxías renovadas e, o máis importante... xa con total normalidade!

E qué mellor xeito de comezar que organizando unha gran xornada de convivencia onde por fin xa podemos estar todos xuntos sen medir distancias?

Emocionante xornada a que vivimos o pasado 7 de outrubro cunha chea de actividades variadas arredor do Concello de Vedra: visita ao Pazo de Santa Cruz de Rivadulla, Roteiro dos Muíños, paseo polo Coto de Ximonde... e como colofón final comida campestre na Área de Recreo de Agronovo con espectáculo de maxia incluído!

Abrazámonos, rimos, pintamos, xogamos, bailamos....

Infinitas grazas aos organizadores desta xornada!

AQUÍ vos deixamos algunhas imaxes.

 

SAÍDA A MARCELLE

O xoves, 26 de maio, o alumnado de 1º e 2º de Educación Primaria do CEIP Plurilingüe Nosa Señora da Piedade gozamos dun fermoso día no parque zoolóxico de Marcelle. Mirade que ben o pasamos:

O ENREDO DO ABELLEIRO

Os nenos e nenas de infantil tivemos a sorte de facer unha saída. Nesta ocasión, viaxamos a un lugar preto da nosa vila: "O Enredo do Abelleiro". 

Alí entre zumbidos de abellas e colmenas pasamos unha mañá moi entretida. Non perdades detalle do ben que o pasamos.

 

DÍA DO LIBRO

O pasado 26 de abril celebramos o día do libro e nós quixemos festexalo realizando unha actividade moi creativa.

Velaquí vos deixamos o resultado dos nosos "bookface".

 

Distribuir contido


by Dr. Radut