Skip to Content

    

 

blogue deJorge

TAREFAS PARA A SEMANA DO 1 AO 5 DE XUÑO

As actividades que se propoñen a continuación, son para facer na presente semana, dende hoxe ata o venres.

Lembrade que, como medio de comunicación co alumnado e as familias, para aclarar dúbidas e reenviarnos o traballo que ides elaborando da materia, empregarase o mail abel.ceipnosasenoradapiedade@gmail.com

Agardando que todos/as esteades ben, un saúdo.

TAREFAS PARA A SEMANA DO 1 AO 5 DE XUÑO

As actividades que se propoñen a continuación, son para facer na presente semana, dende hoxe ata o venres.

Lembrade que, como medio de comunicación co alumnado e as familias, para aclarar dúbidas e reenviarnos o traballo que ides elaborando da materia, empregarase o mail:

 - Para as materias impartidas polas mestras Luísa e Ines: ceip.piedade.furabolos@gmail.com

 - Para as materias impartidas polo mestre Jorge: jorge.ceipnosasenoradapiedade@gmail.com

 - Para as materias impartidas pola mestra Rocío: rociomaril5curso@gmail.com

IMPORTANTE: O vindeiro Xoves, 4 de xuño de 2020 ás 11: 00 horas faremos unha nova clase online de Quinto de Primaria a través da apliación WEBEX, na que poderemos vernos e intercambiar impresións entre os nenos e nenas e cos/as profes. Nesta ocasión, os/as participantes deberán ter preparada unha adiviña ou chiste para compartir cos seus compañeiros e compañeiras, así que xa sabes, bule buscar un ben divertido!!

Todas as instruccións para poder participar van no arquivo adxunto "Videoconferencia do 01/06". AGARDÁMOSTE!!

Esperamos que todos/as esteades ben, un saúdo dos/as profes.

TAREFAS PARA A SEMANA DO 1 AO 5 DE XUÑO

As actividades que se propoñen a continuación, son para facer na presente semana, dende hoxe ata o venres.

Lembrade que, como medio de comunicación co alumnado e as familias, para aclarar dúbidas e reenviarnos o traballo que ides elaborando da materia, empregarase o mail  marta.ceipnosasenoradapiedade@gmail.com

Agardando que todos/as esteades ben, un saúdo.

EDUCACIÓN FÍSICA CON GRANDES DEPORTISTAS

Boa tarde rapaces/as,

Esta semana imos seguir coñecendo, e practicando actividade física, con grandes deportistas do noso país.

Lembrade que, malia que podedes levar a cabo as actividades dos dous vídeos, e de feito invítovos a velos posto que están xenial, o primeiro vai dirixido aos nenos e nenas de 6 a 8 anos, e o segundo de 9 a 12.

Despois de realizar as actividades, propóñovos unha pequena investigación sobre estas deportistas na que tedes que cubrir, ao menos os seguintes datos:

Nome:_______________.

Lugar e data de nacemento:________________.

Modalidade deportiva que practica:_______________.

Os logros máis importantes na súa carreira:____________________.

Un dato que che parecese curioso/ che gustara dela:_________________________.

Se te lembras, enviame esta pequena investigación (e as actividades, se che apetece gravarte) a jorge.ceipnosasenoradapiedade@gmail.com

  

PROPOSTAS DA SEMANA DO 25 AO 29 DE MAIO

Bo día rapaces e rapazas, 

Esta semana imos traballar mediante diferentes tipos de retos e coreografías, que sei que vos encantan. Así pois, levaremos a cabo actividades de coordinación e equilibrio, flexibilidade, forza e bailes de TikTok.

Ademais tamén vos deixo un par de xogos:

- Un Escape Room motriz, no que deberedes superar diferentes probas tanto físicas como cognitivas. 

- Un COMECOCOS recortable para xogar e, ao mesmo tempo, facer actividade física.

Agardo que vos gusten as propostas, unha aperta.

 

Distribuir contido


by Dr. Radut