O día 3 de decembro foi o Día Internacional das Persoas con Discapacidade e no noso centro celabrámolo coa visita do CEE A Barcia. Tivimos a sorte de que nos explicasen como traballan no seu cole cos nenos e nenas que asisten ao mesmo, así como ver algunhas das actividades que levan a cabo.
Retomamos este curso a actividade "UNBOXING" da man do alumnado de 6º B de Educación Primaria. Estas alumnas son as encargadas de ensinarnos un novo xogo da bilioteca chamado "¡NO LO DIGAS!"
Anímate e achégate a xogar con él no tempo de lecer.
Como podedes ver na imaxe, este curso retomamos o espazo "fotobiblio" coa celebración do Samaín. Os nenos e nenas do noso centro poden ver algunhas das fotos que se realizaron durante a interpretación de contos de medo.