Boa tarde , familias:
Dende FANPA (Federación de Asociacións de nais e pais de Centros Educativos) fannos chegar o " X Certame de relato curto" con publicación. Con este certame, preténdese fomentar a creatividade do alumnado, potenciar a expresión e comprensión escrita, así como estimular o uso do galego nas familias.
Se estades interesados, só tedes que ler as bases do certame que aparecen nos arquivos adxuntos.
O prazo de envío dos relatos orixinais finalizará o 18 de marzo do 2024.
Esperamos que sexa do voso interese e que vos animedes a participar.