Skip to Content

    

 

blogue deJorge

EXCUSIÓN AO GROVE DE 5º E 6º CURSO

A pasada semana, o alumnado de 5º e 6º curso tivemos a tan esperada saída de 3 días coa que damos a despedida ao presente curso. Este ano visitamos as Rías Baixas, con diferentes paradas e actividades en Marín, no Grove, no monte Aloia, Santa Trega, Baiona e o Ecoparque Atalaia. Agardamos que leven un bonito recordo destes días cheos de emocións!!

Na galería hai instantáneas dalgunhas das actividades que fixemos. Clickade no gif para velas!!!

SAÍDA A OURENSE

O pasado venres, o alumnado de terceiro e cuarto curso de Primaria, fomos de excursión a Allariz. Alí visitamos o museo da moda, do xoguete e do coiro. Tamén estivemos na cidade de Ourense visitando o seu casco antigo e as Termas. Na galería de imaxes temos colgadas algunhas instantáneas da divertida saída.

O TELEXORNAL DO DÍA INTERNACIONAL DA MULLER

O pasado 8 de marzo, para conmemorar o Día Internacional da Muller, levamos a cabo diferentes actividade no centro. Entre elas, o alumnado de cuarto curso, elaborou un telexornal dedicado as mulleres máis ilustres. Nel tamén narraron algunhas noticias disparatadas e outras que aconteceron no noso colexio.

Animádevos a velo no seguinte vídeo!!

 

 

 

O ENTROIDO

Malia que se fixo agardar, xa está aquí. O vídeo coas fotos do Entroido do noso colexio xa está dispoñible na nosa canle de youtube para que todos recordemos ese bonito día. É unha ledicia cando, despois de tanto esforzo, o día acompaña e podemos amosar todo o traballo.

Agardamos que vos guste!! 

Aquí vos vai:

 

 

II Encontro de Atranques Escolares

O pasado xoves, tivo lugar o II Encontro de Atranques Escolares no auditorio municipal Xosé Casal. Nel participaron, ademais do noso colexio, o CEIP de Cerdeiriñas (Piloño), CEIP de Merza, CEIP Ramón Valenzuela (Bandeira) e o IES Marco do Camballón (Vila de Cruces). Pasámolo xenial, escoitando as diferentes escenificacións. Velaquí as nosas, representadas polo alumnado de 6º curso.

 

Distribuir contido


by Dr. Radut