Skip to Content

    

 

blogue deJorge

ACTIVIDADES PARA REALIZAR MENTRES NON SE REAUNUDAN AS CLASES PRESENCIAIS

As actividades que vos propoñemos a continuación están deseñadas para realizar na próxima quincena dunha maneira temporalizada. Amósanse en formato pdf para que poidades imprimilas ou copialas e realizalas na libreta. É un repaso dos temas vistos e pendentes de avaliar polo que os exames se realizarán en canto nos incorporemos.

 

Se tedes calquera dúbida podedes enviar un correo electrónico á seguinte dirección: marta.ceipnosasenoradapiedade@gmail.com

Pregámosvos que sigades as recomendacións que ditan as autoridades sanitarias, agardando que esta situación dure o mínimo posible.

 

Unha aperta.

 

ACTIVIDADES PARA REALIZAR NA CASA ATA QUE POIDAMOS VOLVER AO COLE

Como ben sabedes, as clases están suspendidas presencialmente debido ao Covid-19, polo que deberemos permanecer en confinamento cada quen no seu fogar.

Ante esta situación inusual, presentámosvos as actividades de reforzo propostas polo equipo de mestres e mestras para o seu alumnado.

Recordámosvos que estas actividades non serán avaliables, pero si revisables. Por conseguinte, estableceremos unha comunicación bidireccional co alumnado e as familias, podendo así titorizar na medida do posible o traballo que os nenos e nenas vaian elaborando, do seguinte xeito:

 - Para enviar a planificación e o traballo do alumnado empregaremos sempre esta entrada da páxina web, ordenada por cursos e materias nos enlaces que aparecen a continuación. Recomendamos, por tanto, que sexa revisada habitualmente co fin de ir coñecendo as posibles actualizacións e novas tarefas.

- Para que o alumnado e as familias nos fagan chegar as dúbidas ou preguntas que vaian xurdindo, e tamén para reenviarnos as actividades elaboradas ó/a mestre/a correspondente, achegamos ao pé do traballo indicado en cada curso unha dirección de mail.  

Lembramos que algunhas das tarefas atópanse como adxunto.

Infantil 3 anos

Infantil 4 anos

Infantil 5 anos

1º Primaria

2º Primaria

3º Primaria

4º Primaria

5º Primaria

6º Primaria

Lingua Estranxeira: Inglés

Música

Relixión

Educación Física

Departamento de Orientación

 

 

DÍA ESCOLAR DA NON VIOLENCIA E A PAZ.

Un ano máis, no noso colexio, conmemoramos o Día Escolar da Non Violencia e a Paz con unha morea de actividades.

En primeiro lugar, fixemos unha carreira solidaria polas rúa da vila para colaborar ONG Solidaridade co pobo Saharaui na que recadamos unha morea de produtos de hixiene persoal que de seguro lles serán de moita utilidade.

A continuación lemos un manifesto a prol da paz e a igualdade. Por último, cantamos e bailamos xuntos unha adaptación da canción "Por que no ser amigos".

Foi un día moi especial para todos, aquí vos vai unha pequena mostra da xornada. 

 

O MAGOSTO

Como cada ano no noso colexio celebramos o Magosto comendo castañas e, posteriormente,  facendo xogos onde elas son as protagonistas. Velaquí unha pequena mostra do ben que o pasamos nese día. 

 

 

XORNADA DE CONVIVENCIA ILLAS CÍES

O pasado 24 de maio, todo o colexio, fixemos unha xornada de convivencia nas Illas Cíes. Alí gozamos de diferentes rutas de sendeirismo e xogos na praia. Velaquí unha mostra deste gran día xuntos.

 

Distribuir contido


by Dr. Radut