II CONCURSO DE FOTOGRAFÍA
BASES DO CONCURSO:
· TEMA do concurso: a VEXETACIÓN
· PARTICIPANTES: poderán participar como autores/as das fotografías tódolos nenos/as matriculados en 3º, 4º, 5º e 6º curso de educación primaria deste centro.
SÓ SE PODE PRESENTAR UNHA FOTOGRAFÍA POR ALUMNO/A
· EXCLUSIÓNS:
- Solo se admitirán fotos realizadas polos nenos/as:o xurado poderá descartar aquelas nas que se aprecie indicios de que foran realizadas por un adulto.
- Non se admitirán fotomontaxes ou fotografías manipuladas máis alá do que se considera un revelado dixital convencional (axuste de niveis, cor, enfoque)
- As imaxes con lemas ou nomes sobreimpresos tamén serán descartadas.
- Non se admitirán fotos nas que aparezan rostros de persoas.
· FORMATO E PRESENTACIÓN:
- Formato dixital: un arquivo por concursante, remitido por correo electrónico en formato .jpg á dirección: ticspiedade@gmail.com
No Asunto do e-mail deberá figurar “Concurso de fotografía 2016” e no Texto indicaráse claramente : nome,apelidos, curso e o lema (título) da foto, o cal deberá coincidir co nome do arquivo remitido.
- Traela nun prendrive(pen)/memoria USB e entregarllo á titora.
- Impresa en papel fotográfico ou nun folio.
· CALENDARIO: só se admitirán fotografías recibidas ata o venres 20 de maio. As fotografías serán expostas na páxina web do centro.
· XURADO: estará integrado por tres persoas entre as que figurará un representante do equipo de Tic´s do centro, un membro do claustro e un membro do persoal non docente do centro.
Os membros do xurado recibirán as fotos vía e-mail e valorarán cada una delas de 0 a10 puntos. As fotografías gañadoras serán as que maior puntuación obteñan do resultado da suma das tres valoracións.
· PREMIOS: Haberá tres premios.
· CESIÓN DE DEREITOS DAS IMAXES: A participación neste concurso supón a cesión por parte dos autores das imaxes e/ou titores legais ao CEIP Nosa Señora da Piedade dos dereitos de uso e exposición para fins divulgativos das actividades realizadas no centro escolar.
Vila de Cruces, a 11 de febreiro de 2016.