Hoxe queremos mostrarvos unha actividade que xa puxemos en marcha fai un tempo. Estamos a falar das mochilas viaxeiras, unha proposta que este ano garda unha sorpresa ben agradable (a creación de xogos e xoguetes con material de refugallo). E como os resultados están a ser impresionantes non queremos perder un segundo máis en mostrarvos todas as creacións que están chegando á nosa Biblioteca.
Dende o Equipo de Biblioteca, agradecemos enormemente a tremenda implicación de todas as familias. Non sabedes o ben que o pasa o noso alumnado nas horas de lecer!
Isto só é o comezo. Seguirémosvos ensinando estas obras de arte en vindeiras publicacións.
Velaquí vos deixamos a primeira recopilación dos nosos novos xogos e xoguetes.
A palabara Magosto procede do latín Magnus Ustus, e significa "fogueira para asar castañas". Esta celebración é unha homenaxe a un dos froitos típicos do outono: a castaña.
Este ano tivemos a posibilidade de facer unha gran fogueira no patio exterior do centro, desfrutamos con xogos (sementa e apaña, carreiras ....) e unha merendola a base de castañas. Estaban moi boas!
VEN ONDA NÓS O OUTONO DACABALO DO AIRE; NOS CAMIÑOS DA FRAGA OS OURIZOS XA ABREN. SÍNTOO CHEGAR CONTENTO DA ETERNA VIAXE ENREDANDO ENTRE AS FOLLAS, ESTREANDO FRIAXE.