Skip to Content

    

 

blogue deJorge

TAREFAS PARA A SEMANA DO 20 AO 24 DE ABRIL

As actividades que se propoñen a continuación, son para facer na presente semana, dende hoxe ata o venres.

Lembrade que, como medio de comunicación co alumnado e as familias, para aclarar dúbidas e reenviarnos o traballo que ides elaborando da materia, empregarase o mail  marta.ceipnosasenoradapiedade@gmail.com

Agardando que todos/as esteades ben, un saúdo.

ACTIVIDADES CON GLOBOS E CON MATERIAL RECICLADO

Deixovos adxunto un PDF con actividades para levar a cabo en lugares reducidos con globos e material reciclado que todos temos pola casa.

A parte disto, vouvos dar un par de avisos:

- Por unha banda, estou rematando xa de preparar as probas do terceiro nivel de un minuto para gañar, na vindeira semana terédelas aquí colgadas así que estade atentos.

- Por outra banda, agradecervos enormemente aos que estades enviando vídeos para o reto Contracovid-19, xa levamos unha morea de puntos acumulados. Contamos con máis de 60 vídeos xa, que estamos montando para que queden ben bonitos, pero precisamos máis para poder acadar as vacinas para todas as persoas da vila. Por isto, pídovos que animedes aos que aínda non participaron a que o fagan porque é dobremente divertido: por un lado facelo, e por outro lado verse no vídeo final. Ademais que será un precioso agasallo para recordar este curso que está a ser un tanto diferente.Aínda tedes tempo de facelo, pero bulide porque axiña rematará o prazo e así poderemos ver o resultado final, que agardo que vos guste.

Por certo, aos que estades mandándome vídeos, enviareivos unha copia do produto final ao correo desde onde me estades escribindo, ademais de colgalo na web do cole.

TAREFAS PARA A SEMANA DO 14 AO 17 DE ABRIL

As actividades que se propoñen a continuación, son para facer na presente semana, dende hoxe ata o venres.

Lembrade que, como medio de comunicación co alumnado e as familias, para aclarar dúbidas e reenviarnos o traballo que ides elaborando da materia, empregarase o mail bego.piedade@gmail.com

Para comezar a semana con ritmo...

Esta semana imos comezar con forza, para animarnos e desentumecer os músculos!!

Para os máis pequenos/as da casa, recomendamos esta sesión de Yoga Infantil. Ben seguro que lles encantará!!

Para os demais, imos poñer a proba a nosa resistencia con esta sesión de cardio. O que chegue ao final, poderá dicir que conserva unha boa forma física!!

Para rematar, malia que non menos importante, recomendo o visionado do documental sobre Javier Gómez Noya, publicado en marzo do 2016, que deixei na entrada que aparece máis abaixo. De seguro que nos servirá para levantar o ánimo vendo como despois da tormenta, sempre chega a calma. É idóneo para ver en familia, non vos decepcionará!!

Por certo, dicirvos que aínda estades en prazo para seguir mandando os vídeos para sumar vacinas de actividade física CONTRACOVID-19. Os que chegaron está chulísimos, agardo poder ensinarvolos axiña...pero iso depende de vós!!.

Seguide atentos, que non paramos de subir cousiñas interesantes...

 

Javier Gómez Noya: un exemplo de superación.

Recoméndovos o visionado deste pequeno documental sobre Javier Gómez Noya, un deportista galego que é un exemplo a seguir. Amósanos que con esforzo, ganas e perseveranza, de cada golpe que lle aparece na súa carreira deportiva sae reforzado. 

O certo é que, por non ser un deporte "de masas", non ocupa os espazos da prensa deportiva que merece, mais estamos falando do mellor triatleta de todos os tempos e un dos mellores deportistas actuais.

Vale a pena velo, sen dúbida!!

Pouco despois de emitirse este documental, tivo de novo a mala fortuna de ver como o seu único reto por conseguir, o ouro olímpico, para o que se estaba adestrando, se afastaba por culpa dunha lesión. 

Pero disto, novamente levantouse e aí sigue traballando día a día para lograr as súas metas.

Distribuir contido


by Dr. Radut