Achégase o Entroido, e os nenos e nenas de 5 anos imos disfrazar a porta da nosa aula. Gústannos moito os animais e, tras un pequeno debate, escollemos "o pingüín". Así que, puxémonos man á obra: cortamos papel continuo do tamaño da porta, debuxámoslle a barriga, preparamos témpera branca e negra, esponxas... e a traballar!
Despois, fixémoslle o pico e as patas con goma eva, a bufanda, os ollos...
E este foi o resultado do noso traballo.