Skip to Content

    

 

Complementarias

XORNADA DE CONVIVENCIA

O día 16 de maio o alumnado de terceiro, cuarto, quinto e sexto, realizaron unha saída lúdica a Gandarío, onde realizaron diversas actividades con monitores. Se queredes ver como o pasaron, fai clic aquí

III CONCURSO DE FOTOGRAFÍA

III  CONCURSO DE FOTOGRAFÍA

BASES DO CONCURSO:

·         TEMA  do concurso: A AUGA. Serán aceptadas todo tipo de fotografías nas que apareza a auga en calquera dos seus estados. A orixinalidade das instantáneas será moi valorado polos membros do xurado.

·         PARTICIPANTES: poderán participar como autores/as das fotografías tódolos nenos/as de Educación Primaria deste centro.

 

SÓ SE PODE  PRESENTAR UNHA FOTOGRAFÍA POR ALUMNO/A

 

·         EXCLUSIÓNS:

-          Só se admitirán fotos realizadas polos nenos/as:o xurado poderá descartar aquelas nas que se aprecie indicios de que foran realizadas por un adulto.

-          Non se admitirán fotomontaxes ou fotografías manipuladas máis alá  do que se considera un revelado dixital convencional (axuste de niveis, cor, enfoque)

-          As imaxes con lemas ou nomes sobreimpresos tamén serán descartadas.

-          Non se admitirán fotos nas que aparezan rostros de persoas.

 

·         FORMATO E PRESENTACIÓN:

-          Formato dixital: un arquivo por concursante, remitido por correo electrónico en formato .jpg á dirección: ticspiedade@gmail.com  

 No Asunto do e-mail deberá figurar “Concurso de fotografía 2017” e no Texto indicaráse claramente: nome,apelidos, curso e o lema (título) da foto, o cal deberá coincidir co nome do arquivo remitido.

-          Traela nun prendrive(pen)/memoria USB e entregarllo á titora.

-          Impresa en papel fotográfico ou nun folio.

 

·         CALENDARIO: só se admitirán fotografías recibidas ata o venres 26 de maio. As fotografías serán expostas na páxina web do centro.

 

·         XURADO: estará integrado por tres persoas entre as que figurarán dous representantes do claustro e un membro do persoal non docente do centro.

 

Os membros do xurado recibirán as fotos vía e-mail e valorarán cada una delas de 0 a 4 puntos. As fotografías gañadoras serán as que maior puntuación obteñan do resultado da suma das tres valoracións.

 

·         PREMIOS: Haberá un premio por aula.

 

·         CESIÓN DE  DEREITOS DAS IMAXES: A participación neste concurso supón a cesión por parte dos autores das imaxes e/ou titores legais ao CEIP Nosa Señora da Piedade dos dereitos de uso e exposición para fins divulgativos das actividades realizadas no centro escolar.

 

Equipo Tic´s

 

 

VISITA A CIDADE DA CULTURA E CONCERTO DE ODAIKO

Hai dúas semanas estivemos visitando a Cidade da Cultura e tamén asistimos a un concerto de percusión do grupo Odaiko. Para ver as fotografías da nosa saída, fai click aquí.

 

Entroido e Feira do chourizo.

É tempo de recordar o Entroido e a Feira do Chourizo. Para ver o ben que o pasamos, fai clic no meco que aparece a continuación.

 

Excursión a Sotavento

As fotos da excursión ao parque Eólico Experimental de Sotavento xa están na galería de imaxes.

Para ollas, clica na fotografía.

Distribuir contido


by Dr. Radut