Estimadas familias.
No DOGA de mañá 30 de marzo , publícase a Orde de 27 de marzo de 2020 pola que se anuncian axudas para as familias do alumnado beneficiario de bolsas de comedor, (Usuarios gratuitos e semigratuitos que pagan 1 euro), durante a situación de suspensión do servizo como consecuencia do COVID-19
Ø Esas familias poderán solicitar unha axuda que será de 2,50 € para os usuarios gratuitos e 1,50 € para os que pagan 1€, por cada día lectivo que non se fixo uso do comedor, dende o 16 de marzo ata o 3 de abril, en total 14 días. Tamén cubriría, nun segundo pagamento, ata o 1 de maio en caso de prolongarse a suspensión das clases.
As solicitudes presentaranse por vía telemática, a través da sede electrónica da Xunta de Galicia, desde o martes 31 de marzo ata o luns 6 de abril, ámbolos dous inclusive. Para esto é preciso dispoñer de certificado dixital ou chave 365.
As familias que non poidan presentar a solicitude polo medio citado anteriormente e que queiran que se lle solicite desde o Centro deberán facernos chegar ao correo electrónico do colexio ceip.nosasenhora.piedade@edu.xunta.gal tan pronto como lles sexa posible (data límite día 2 de abril) os seguintes datos:
- Nome e apelidos do pai/nai/titor/a.
- DNI.
- Nome e apelidos dos fillos/fillas indicando o tipo de usuario (gratuito ou 1€).
- Nº conta bancaria onde quere que lle ingresen os cartos.
Desexando que se atopen ben de saúde, enviamoslle saúdos.
O Equipo Directivo