Atención, señoras e señores!!! Estreamos sección! Trátase de bibliotubers, unha actividade coordinada polo Equipo de Biblioteca na que algúns dos nosos alumnos/as serán entrevistados para dar a súa opinión sobre libros da biblioteca que leron. Nesta ocasión Irea e Lucía de sexto falan de "El diario violeta de Carlota", da autoraGemma Lienas.
Estade atentas/os, pronto teredes máis entregas á vosa disposición!