Skip to Content

    

 

Vídeos do centro

Samaín 2022

Chegou o Samaín e con el as lecturas máis terroríficas do ano! Lecturas terroríficas, pero tamén outras que nos axudan a falar dos nosos medos, a socializalos e facelos máis pequenos.

Ademais, ao longo de todo o mes, todas as aulas estiveron traballando nos deseños duns monstros maléficos para a decoración do centro.

Dende cociña tamén andiveron argallando algunha que outra sorpresa.

Aquí vos deixamos un vídeo para que non perdades detalle, e recordade, o Samaín poñía fin ao verán e daba comezo ao inverno asi que...ide preparando a roupa de abrigooooo!

 

 

GRADUACIÓN DE 6º

Onte, mércores, 22 de xuño, a rapazada de 6º de Educación Primaria graduouse entre risas de ledicia e bágoas de morriña por deixaren este colexio que formou parte das súas vidas durante tantos anos. Voltade cando queirades, esta é a vosa casa!

Para ver as fotos do acto, pinchade enriba do seguinte GIF animado: 

Botádelle tamén un ollo a esta fermosa interpretación musical: 

 

SAÍDA FIN DE CURSO 5º-6º

Podedes acceder a imaxes e vídeos da extraordinaria excursión de fin de curso do alumnado de 5º e 6º pinchando nas distintas seccións deste  panel interactivo: 

 

SAÍDA A MARCELLE

O xoves, 26 de maio, o alumnado de 1º e 2º de Educación Primaria do CEIP Plurilingüe Nosa Señora da Piedade gozamos dun fermoso día no parque zoolóxico de Marcelle. Mirade que ben o pasamos:

#bibliotubers, VOL.1 "El diario violeta de Carlota".

Atención, señoras e señores!!! Estreamos sección! Trátase de bibliotubers, unha actividade coordinada polo Equipo de Biblioteca na que algúns dos nosos alumnos/as serán entrevistados para dar a súa opinión sobre libros da biblioteca que leron. Nesta ocasión Irea e Lucía de sexto falan de "El diario violeta de Carlota", da autora Gemma Lienas.

Estade atentas/os, pronto teredes máis entregas á vosa disposición!

Distribuir contido


by Dr. Radut