Boa tarde a todos e todas!
Como xa sabedes, nas últimas dúas semanas fixemos unha recollida de material escolar para facer unha doazón a Cruz Vermella de Lalín. O día 30 contamos coa visita de Manuel Batán, presidente da Asamblea local de Cruz Vermella Lalín; Silvia Vázquez, coordinadora e responsable da oficina de Cruz Vermella de Lalín e con dúas voluntarias, Laura Enriquez e Julia Ferradás.
As voluntarias explicáronlle ao noso alumnado en que consistía a labor de Cruz Vermella , así como os programas e actividades que levan a cabo. Ao rematar a charla, entregoúselles o material que foi doado polas familias e pola ANPA de Vila de Cruces.
Moitas grazas por participar nesta campaña e pola vosa solidaridade.