Skip to Content

    

 

Escolares

CIENCIA NA BIBLIOTECA

O pasado novembro, co motivo da celebración do MES DA CIENCIA, fixemos un achegamento á mesma elaborando na Biblioteca unha serie de experimentos que os voluntarios/as prepararon con moitas ganas e ilusión. Puideron formular hipóteses, seguir o procedemento e chegar a unhas conclusións, moitas veces sorprendentes.

Se clicades na imaxe poderedes ver algún dos experimentos que se levaron a cabo ao longo de todo o mes. 

 

 

Agora xa podemos dicir que no noso colexio temos verdadeir@s científic@s

 

 

NOVIDADES MES DE DECEMBRO

MOCHILAS VIAXEIRAS: XOGOS/XOGUETES CON MATERIAL DE REFUGALLO

Hoxe queremos mostrarvos unha actividade que xa puxemos en marcha fai un tempo. Estamos a falar das mochilas viaxeiras, unha proposta que este ano garda unha sorpresa ben agradable (a creación de xogos e xoguetes con material de refugallo). E como os resultados están a ser impresionantes non queremos perder un segundo máis en mostrarvos todas as creacións que están chegando á nosa Biblioteca. 

Dende o Equipo de Biblioteca, agradecemos enormemente a tremenda implicación de todas as familias. Non sabedes o ben que o pasa o noso alumnado nas horas de lecer! 

Isto só é o comezo. Seguirémosvos ensinando estas obras de arte en vindeiras publicacións. 

 

Velaquí vos deixamos a primeira recopilación dos nosos novos xogos e xoguetes. 

PINCHA AQUÍ PARA VISUALIZALO

 

 

MAGOSTO 2022

A palabara Magosto procede do latín Magnus Ustus, e significa "fogueira para asar castañas". Esta celebración é unha homenaxe a un dos froitos típicos do outono: a castaña. 

Este ano tivemos a posibilidade de facer unha gran fogueira no patio exterior do centro, desfrutamos con xogos (sementa e apaña, carreiras ....)  e unha merendola a base de castañas.  Estaban moi boas!

Samaín 2022

Chegou o Samaín e con el as lecturas máis terroríficas do ano! Lecturas terroríficas, pero tamén outras que nos axudan a falar dos nosos medos, a socializalos e facelos máis pequenos.

Ademais, ao longo de todo o mes, todas as aulas estiveron traballando nos deseños duns monstros maléficos para a decoración do centro.

Dende cociña tamén andiveron argallando algunha que outra sorpresa.

Aquí vos deixamos un vídeo para que non perdades detalle, e recordade, o Samaín poñía fin ao verán e daba comezo ao inverno asi que...ide preparando a roupa de abrigooooo!

 

 

Distribuir contido


by Dr. Radut