Segundo a Orde do 06 de maio do 2021 pola que se regula a participación no fondo solidario de libros de texto e se convocan axudas para adquirir libros de texto e material escolar destinadas ao alumnado matriculado en educación primaria, educación secundaria obrigatoria e educación especial en centros docentes sostidos con fondos públicos para o curso escolar 2020/21.
DESTINATARIOS
Ø FONDO SOLIDARIO DE LIBROS DE TEXTO
Para alumnado de 3º, 4º de Educación Primaria.
O alumnado de 5º e 6º de Educación Primaria están dentro do proxecto Edixgal, polo que contarán con un ordenador cada alumno/a
Ø AXUDAS PARA ADQUIRIR OS LIBROS DE TEXTO
Para o alumnado de 1º e 2º de Educación Primaria e de Educación Especial (EE)
Ø AXUDAS PARA ADQUIRIR MATERIAL ESCOLAR
Para todo o alumnado de Educación Primaria (de 1º a 6º).
A contía da axuda para adquirir material escolar destinado ao alumnado matriculado en Educación Primaria con renda (exercicio fiscal do ano 2019) per cápita familiar igual ou inferior a 6.000 € será de 50 €.
- O prazo para presentar solicitudes rematará o día 22 de xuño de 2021 (este incluído).
FORMA DE PRESENTACIÓN
Ø As solicitudes presentaranse preferiblemente por vía electrónica no formulario normalizado (ANEXO I) dispoñible na aplicación informática Fondolibros (https://www.edu.xunta.es/fondolibros), a través da sede electrónica da Xunta de Galicia: https://sede.xunta.gal.
Ø Presentación no centro: opcionalmente, poderanse presentar as solicitudes presencialmente nos centros docentes. Deberedes imprimir a SOLICITUDE (ANEXO I) e o ANEXO II e presentalo no centro, debidamente asinado.
Ø A solicitude será única para todos os/as fillos/as.
DOCUMENTACIÓN A PRESENTAR
Ø ANEXO I e ANEXO II (debidamente cubertos e asinados polos dous proxenitores ou titores legais)
Ø Copia do libro de familia ou documentación equivalente onde figure o/a alumno/a e os membros computables da unidade familiar.
Ø En caso de separación ou divorcio, deberán achegar a sentencia xudicial ou o convenio regulador onde conste a atribución da custodia do menor.
Ø Fotocopia do DNI ou NIE dos membros computables da unidade familiar (cando non autoricen a consulta telemática).
Ø Renda familiar: achegarán copia da declaración do imposto sobre a renda das persoas físicas correspondente ao exercicio 2018, cando non autoricen a consulta telemática.
ØGrao de discapacidade. Achegarase o certificado acreditativo do grao de discapacidade emitido polo órgano competente ou o documento acreditativo da condición de preceptor dunha pensión da Seguridade Social por incapacidade permanente total, absoluta ou grande invalidez, ou dunha pensión de clases pasivas por xubilación ou retiro por incapacidade permanente para o servizo ou inutilidade. Resolución ou certificado emitido pola Seguridade Social de pensión de incapacidade permanente nos graos de total, absoluta ou gran invalidez
Ø Só se cubrirá unha solicitude por unidade familiar e será a mesma para os tres tipos de axudas.
PRAZOS A TER EN CONTA:
22 DE XUÑO: PRESENTACIÓN DAS SOLICITUDES
25 DE XUÑO: PUBLICACIÓN DA LISTAXE PROVISIONAL: LISTAXE PROVISIONAL PUBLICADA
25 AO 29 DE XUÑO: RECLAMACIÓNS
30 DE XUÑO: PUBLICACIÓN DA LISTAXE DEFINITIVA
HORARIO DO CENTRO: DE 09:30 A 16:00H