O 2 de abril conmemórase o día do Libro infantil e xuvenil.
Dende a Asesoría de Bibliotecas Escolares de Galicia achégaronnos a seguinte información:
Como en anos anteriores (aínda que este sexa diferente) o IBBY (International board on books for young people) chama á conmemoración do Día do Libro Infantil o 2 de abril, data de nacemento de Hans Christian Andersen. O obxectivo é promocionar os bos libros infantís e xuvenís e a lectura entre os máis novos.
A sección patricinadora deste ano é Eslovenia que difunde a mensaxe de Peter Svetinai lustrada por Damijan Stepancic: Fame de palabras.
GÁLIX, Asociación do Libro Infantil e Xuvenil, facilítanos a tradución ao galego de Héctor Cajaraville. (fonte: blogue de Asesoría de Bibliotecas Escolares de Galicia)
A continuación podedes ver o cartaz deste ano, cunha pequena aportación:
No lateral esquerdo hai uns pequenos símbolos de cor amarela e negra, son as nosas aportacións, consistentes nunha pequena escolma de libros infantís e xuvenis que nestes momentos teñen acceso libre. ( Premede neles e levaranvos ós mesmos)
E lembrade que tamén podedes acceder a moitísimos libros dende a plataforma GALICIA LE.
BOA LECTURA!!!!!!