Skip to Content

                              

DÍA DA ÁRBORE

21 DE MARZO: DÍA DA ÁRBORE

A proposta dende o equipo de biblioteca para esta data foi a elaboración dun libro colaborativo entre todo o alumnado de ED. Primaria.

 

Ao alumnado de 1º e 2º de ED. Primaria propúxolles que buscasen ( coa axuda das súas familias) un refrán relacionado coas plantas, con sementar, regar, ou os tempos no que facelo.

 

Para o alumnado de 3º a 6º de ED. Primaria a proposta foi a elaboración dunha ficha informativa , na que falasen dunha planta e os tempos nos que sementala, debuxar o proceso, e os distintos factores que inflúen no seu crecemento ( tamén coa axuda das familias)

 

Con toda esta información recompilada,( grazas ao profesorado, alumnado e familias) elaboramos un libro ( do que fixemos unha copia, para ter 2 exemplares).

O alumnado de ED. Infantil foi o encargado de elaborar as portadas dos mesmos, que proximamente estarán a disposición na sección de consulta da nosa B.E. 

 

 

 

Na entrada da nosa biblioteca durante estas dúas semanas, estivo a disposición unha escolma de libros relacionados coa auga, árbore e poesía . 

TRABALLO DE INVESTIGACIÓN - PROXECTO AS PLANTAS . 5º ED. PRIMARIA

 

 

Durante o mes de febreiro os nenos e nenas de 5º de ED. Primaria estiveron realizando un traballo de investigación e desenvolvemento, coincidindo co "tema" de Ciencias Naturais sobre as plantas.

 

Este traballo constou de varias partes: sementeira, observación de campo, investigación e posterior exposición ( mediante todas as canles de información posibles) 

Durante o proceso , o alumnado foi capaz de traballar "in situ" mediante a manipulación e posta en práctica de todo o proceso: dende que se realizou a sementeira ,ata convertirse nunha planta.

Os nenos e nenas, diariamente, apuntaron nun caderno todo o proceso, ilustrando tamén as sensacións que lles producía o que estaban a ver. 

 

Posteriormente, cada un dos grupos de traballo establecidos, elaborou murais e tamén unhas presentacións en formato dixital que expuxeron ao resto dos seus compañeiros.

Finalmente , e coincidindo co día internacional da Árbore, o grupo decidiu facer unha pequena exposición para mostrar o seu proxecto a todo o centro educativo.

 

( Redacción do texto: profe Jose, co-titor de 5º de ED. Primaria) 

 

Aquí vos queda un vídeo recompilatorio do proceso, e das exposicións do alumnado. ( Que foi o que estivo reproducíndose no recuncho onde colocaron a súa exposición)

 

 

 

 

DÍA DA POESÍA, DA ÁRBORE E DA AUGA 2020

Para conmemorar o día mundial da POESÍA, DA AUGA E DA ÁRBORE
 propuxémoslle ás familias esta actividade:
 
        
 
 
Ademais de conmemorar estas datas, tamén nos pareceu interesante
 para achegarnos e compartir unha actividade , como parte da Comunidade Educativa que integramos.
 
           
 
 
Queremos agradecer novamente a participación das familias, moitísimas grazas.
 
Aquí vos queda a escolma fotográfica. Agardamos que a desfrutedes.
 
GRAZAS
 
 
      

PROPOSTA COLABORATIVA PARA AS FAMILIAS E ALUMNADO

Deixámosvos esta proposta, de participación  voluntaria, por se vos animades.

Faremos  unha presentación/ vídeo  coas vosas colaboracións que compartiremos nas nosas redes.

Para que, aínda que na distancia,  poidamos colaborar todos e todas nunha mesma actividade:

A participación é voluntaria, pero encantaríanos que participásedes:

Correo electrónico ó que enviar as vosas achegas : xuvefoto@gmail.com 

Data límite de envÍo 23 de marzo.

Botádelle imaxinación, e enviádenos fotos, ou debuxos  ou pequenos vídeos recitando poesía... o que consideredes !!!

MOITAS GRAZAS POLA VOSA COLABORACIÓN.

 

Distribuir contido


by Dr. Radut