Aquí vos quedan algúns dos vídeos que miramos na aula:
Un paseo polo Sistema Solar, con características de cada un dos planetas, gustoulles moito (vímolo en varias sesións, porque é un pouco longo) :
Este da mesma temática pero moito máis curto:
O universo:
Outro dos temas que tratamos, foi o dos satélites: tanto naturais ( a lúa) ou artificiais ( que nos axudan a obter informacíon e fotografías sobre o espazo exterior)
Aínda nos quedan algunhas dúbidas por resolver, e para a semana imos traballar co globo terráqueo para entender mellor qué da lugar ao día e á noite, porque todos sabemos que o SOL é unha estrela, que alumea, pero non se move. Movémonos nós!!!!!!!
Cada unha das aulas escolleu a un home ou muller, relacionados coa ciencia, STEM, ou inventores/as para traballar na aula e elaborar un LAP BOOK para poder ensinar ao resto do cole. O único "requisito" era que fosen galegos/as, xa que novembro é o mes da ciencia en galego.
Despois de moito investigar (ALFIN) , e traballar, aquí vos quedan unhas poucas fotos dos marabillosos resultados de cada unha das aulas:
Científica , carballinesa e muller pioneira da farmacia.
Na aula de 5 anos investigaron e aprenderon sobre ÁNGELA RUIZ ROBLES mestra, escritora,
e inventora: inventou o prototipo do libro electrónico!!!!
Na aula de 1º de primaria investigaron e aprenderon sobre ÁNGELES ALVARIÑO,
unha grandísima oceanógrafa:
Na clase de 2º de ED. Primaria investigaron e aprenderon sobre MANUELA BARREIRO PICO , primeira muller matriculada na Universidade de Santiago de Compostela, e primeira licenciada, ademais de farmacéutica:
Na aula de 3º de ED. Primaria , investigaron e aprenderon sobre REBECA ATENCIA, primatóloga ferrolá, tras os pasos de Jane Goodall
Na clase de 4º de ED. Primaria, investigaron e aprenderon sobre ALEJANDRO FINISTERRE
( Alexandre de Fisterra) poeta, e inventor do futbolín.
Na aula de 5º de ED. Primaria investigaron e aprenderon sobre ANTONIA FERRÍN MOREIRAS , científica, investigadora, matemática e astrónoma.
E por último, na aula de 6º de ED. Primaria investigaron e aprenderon sobre DOMINGO FONTÁN , creador da primeira Carta Xeométrica de Galicia.
Dende o equipo de biblioteca, non podemos máis que parabenizar a todo o alumnado e profesorado polo seu traballo de investigación e creación, un traballo fantástico!!!!!!!
Novembro é o mes da Ciencia en Galego, podedes botar un ollo á información relacionada co tema nesta entrada do blogue da Asesoría de Bibliotecas Escolares de Galicia premendo na seguinte imaxe
O curso pasado por estas datas, nos "recreos na bibilo" fixemos unha serie de experimentos moi divertidos.
Este curso non poderemos realizar esa actividade por motivos obvios, desencadeados dos protocolos COVID-19.
Dende o equipo de biblioteca estivemos pensando o xeito de conmemorar o mes da ciencia en galego doutro xeito, e decidimos propoñer a cada unha das aulas a elaboración dun "LAP BOOK" sobre un home ou muller galegos, obviamente, que estean relacionados coa ciencia.
Así cada aula ( a acorde ás súas posibilidades, porque obviamente non vai ser o mesmo traballo de investigación para o alumnado de ED. Infantil e os primeiros cursos de primaria, que o de quinto e sexto que son máis autónomos)
Así elaboramos un listado, para que cada clase seleccione a súa escolla ( e non repetirnos)
E unha pequenísima infografía para que nos sirva de guía nesta actividade, recalcando a importancia de citar sempre as fontes de información ( e obviamente verificalas)
Dende a biblioteca quixemos unirnos a esta iniciativa e hoxe comezamos na hora do recreo, na nosa biblioteca cun experimento. Desta volta para o alumnado de 1º e 2º de primaria que quixo achegarse á biblioteca na hora do recreo..
O primeiro foi observar os instrumentos que precisabamos para a elaboración do mesmo.
Despois da explicación da execución do mesmo, realizamos as nosas hipóteses: que sucedería ó poñer en contacto o bicarbonato co vinagre??
Tiñamos 5 botellas e botamos nelas distinas cantidades de vinagre, para ver se o efecto era o mesmo en todos os casos.
Preparado o material, e realizadas as hipóteses pasamos á acción... e aquí tedes unhas poucas fotos do proceso:
Estamos moi ilusionados e ilusionadas de poder formar parte deste proxecto.. e poder compartir as nosas vivencias, experiencias e aprendizaxes, integrando as competencias clave e cunha aprendizaxe significativa e ilusionante.