A PORCA
Trátase dun xogo moi estendido pola provincia, con elementos semellantes ao hoquei.
Foi un xogo de nenos e nenas, fundamentalmente xogado no inverno, nun espacio aberto e amplo namentres se coidaba do gando.
Os elementos do xogo son un pao (caneira, moca), feito tradicionalmente de uceira, de cuatro a seis cuartas de lonxitude, e unha bóla (porca, pino), feita de madeira dura e de seis a doce centímetros de diámetro.