Skip to Content

                              

Plástica

Collage sobre a Idade Contemporánea

Deberás realizar un collage que resuma todo o acontecido na Idade Contemporánea. Para a súa realización serache de moita utilidade o índice do Tema 15 de Coñecemento do Medio. O traballo deberá incluír imaxes e texto.

Podes utilizar o programa de edición de imaxes online e subir posteriorme o traballo realizado ao aula virtual para que sexa avaliado polo titor.

Asemade, deberás confeccionar unha listaxe de palabras relacionadas con esta etapa da nosa historia, e que a resuman o mellor posible. Con ditas palabras crearás un cartaz co programa de creación de cartaces e posteriormente o subirás ao aula virtual para ser avaliado.

Ligazón para subir os traballos ao aula virtual

Creando cartaces con palabras

Imos a crear un cartaz que ilustre a vosa opinión sobre o colexio, para elo tedes que proceder do seguinte modo:

  1. Realizar unha lista con máis de 20 palabras que definan o voso parecer sobre o colexio.
  2. Abrir o programa wordle e inserir as palabras do listado.
  3. Facer unha captura de pantalla do cartaz creado.
  4. Abrir o editor de imaxes e editar o cartaz para que se adapte as nosas necesidades.
  5. Subir o cartaz ao aula virtual.

Facendo pombas para a Paz

Tedes que ser quen de construir unha pomba para a Paz.
Podesdes utilizar os seguintes titoriais:

 

 

Árbol de Nadal

Imos realizar unha árbore de Nadal para decorar a porta da clase. Seguiremos o modelo da imaxe que aparece á dereita desta nova.
 
Cada alumno deberá colorear, cando menos, 8 estrelas de diferentes formas e tamaños.
 
As estrelas poderán sacarse dos modelos que se achegan na seguinte ligazón: Estrelas para colorear.
 
Unha vez coloreadas as estrelas rematarémolas con témpera de pupurina.

 

A ver quen é o que mellor decora as estrelas!!!

Debuxa o teu cole

Web dos Bolechas

 

Imos participar no concurso Debuxa o teu cole.
 
Debuxa o teu cole é un concurso de debuxo para os alumnos de Infantil e Primaria. Os nenos teredes que plasmar a vosa visión particular do colexio. Con esta iniciativa quérese resaltar o papel que xoga o colexio e os valores relacionados co entorno escolar na vida dos nenos galegos. Por outro lado, preténdese fomentar a creatividade dos máis pequenos e invitalos a realizar unha actividade lúdica e divertida. 
 
 Se quedes participar particularmente tamén o podedes facer entrando na Web do Bolechas.

Máscaras do Samaín

Estas son as máscaras que creamos co noso mestre de inglés na semana previa á celebración do Samaín.

Imos ilustrar o magosto

Imos crear un rótulo que anuncie a festa do magosto. Usaremos a seguinte aplicación de Ampergram.
Posteriormente crearemos un "collage" con imaxes do magosto do ano pasado que atoparedes na galería de imaxes do colexio.
Para realizar o collage usaremos a aplicación de Pixlr.
Todas as tarefas as gardarás na carpeta do alumnado do teu ordenador. Cando remates deberás subilas á carpeta de 3º Ciclo do teu Dropbox.

 

Concurso: Ilustramos unha vaca

Imos participar no concurso ilustra unha vaca que convocou o Museo do Domus da Coruña para utilizar nunha exposición sobre acuicultura que terá lugar no Aquarium Finisterrae.

Distribuir contido


by Dr. Radut