Skip to Content

                              

A importancia do exercicio

HÁBITOS SAUDABLES

Entre outros autores, De la Cruz, sinala que os hábitos saudables máis importantes nestas idades son:

A. Unha Alimentación equilibrada: as necesidades nutritivas dos alumnos nestas etapas que analizamos, adoitan estar cubertas por unha dieta normal e equilibrada (almorzo copioso, froita a media mañá, xantar axeitado, merenda rica en lácteos e cea).

B. A práctica de Actividades Físicas: a actividade física debe estar integrada nun programa de exercicio coa finalidade de crear un estilo de vida saudable,é dicir, mellorar a calidade de vida do suxeito. A través deste programa pretendemos, de forma xenérica, mellorar a condición física e a saúde, previndo o desenvolvemento de certas enfermidades ou volver padecer algunha.

C. Descansos e Esforzos axeitados: a alternancia de esforzo e descanso, é o que levará a conseguir importantes melloras na condición física e polo tanto, na saúde. En canto ás horas de sono, os nenos deben durmir polo menos entre 9-10 horas, para que se restableza o equilibrio corporal.

D. Hixiene Persoal: unha correcta hixiene persoal é o mellor método para previr moitas enfermidades, especialmente as transmisibles. Esta deberá inculcarse dende a idade infantil mediante o xogo e campañas que expliquen a importancia e eficacia de normas case sempre elementais (cepillado de dentes tras as comidas, lavado de mans, ducha corporal, etc.).

EFECTOS DA ACTIVIDADE FÍSICA VINCULADA Á SAÚDE

A Actividade Física non é unha panacea, nin algo milagroso, os seus efectos positivos son múltiples e variados, grazas a ela conseguiremos un desenvolvemento íntegro de todas as capacidades do alumnado. Estes efectos positivos que terá a actividade física sobre a saúde persoal vanse dar en tres dimensións:

A. Efectos de carácter fisiolóxico.

A actividade física vai potenciar a saúde física das persoas grazas fundamentalmente á mellora da condición física.

-A nivel cardiovascular.

-A nivel endócrino.

-A nivel do aparato locomotor.

B. Efectos de carácter psicolóxico.

Basicamente, os efectos da actividade física no plano psicolóxico son:

-A relaxación muscular que induce á relaxación mental.

-O efecto de catarse (liberación de tensións) que carrexa a práctica de actividade física.

-A canalización da agresividade.

-A mellora da condición física, favorece a capacidade de recuperación do organismo, disminuíndo a fatiga física e mental dos practicantes.

-A actividade física vai mellorar o equilibrio persoal reforzando a autoestima e a estabilidade emocional.

C. Efectos de carácter social.

O deporte é un fenómeno social que serve de vehículo para a práctica do exercicio físico. Sen dúbida, é un excelente medio de comunicación, interacción e integración persoal e social, transmite e potencia valores como a cooperación, o respecto, a superación e ademais, ofrece unha ocupación activa do tempo libre.

En xeral, a actividade físico-deportiva mellora as relacións enterpersoais contribuíndo á integración dos suxeitos na súa comunidade e sociedade.

O COIDADO DO CORPO

Un correcto plan orientado cara ao coidado do corpo, ten que ter presente unha intención fundamental: "a creación de hábitos saudables".

  A hixiene corporal.

A hixiene do corpo, abrangue un amplo círculo de actuacións que debemos de ir ensinando dende idades moi temperás.

Algunhas medidas que deben tomarse son:

1. Inculcar aos nenos a importancia e necesidade de ducharse despois de cada sesión, polo menos que se laven, cámbiense de camiseta, de calcetíns.

2. Debemos facer fincapé no correcto aseo e limpieza de: dentes, cabeza, oídos, mans e pés, coidado da pel, etc.

3. Que os alumnos sexan responsables co seu equipamento persoal, a súa bolsa de pezas deportivas e o seu neceser para o aseo persoal. É conveniente que a roupa sexa folgada, lixeira e axeitada á climatoloxía do lugar. En canto ao calzado, debe permitir a transpiración e que as solas sexan antideslizantes, para evitar risco de lesións. Por último, o ideal será non levar aneis nin obxectos metálicos e manter o pelo longo recollido cunha fita.



page | by Dr. Radut