Skip to main content

DÍA DAS BIBLIOTECAS

DÍA DAS BIBLIOTECAS #DíaDasBibliotecas #TecendoComunidades #bescolaresgal #bescolaresgalabertas

O alumnado de quinto e sexto visita as bibliotecas da vila para

conmemorar o Día das Bibliotecas. Quinto acude á Biblioteca Municipal "López Cortón".

Sexto de primaria o fai á Biblioteca Escolar "Punta Candieira", do Ies.

 

Alí realizan catro obradoiros: radio, monicreques, make make e mímica.

Foi unha toma de contacto do que a rapazada gozou inmensamente.

Unha rapazada, que en breves, terá o Ies pola súa nova escola.

Ir facendo camiño é moi necesario. Agradecerlle a todo o equipo de biblioteca

do Ies e a Ángeles da biblioteca municipal a súa colaboración e axuda,

para acoller e ensinar espazos e actividades á nosa rapazada.

 

 

 

 

 

 

DÍA DAS BIBLIOTECAS #BiblioTEcuida #bescolaresgal #bescolaresgalabertas

A biblioteca é hoxe e tódolos días un lugar para ler, escribir, para imaxinar,

inventar e por suposto xogar con e grazas á literatura.

Parabéns bibliotecas!

 

ASESORÍA DE BIBLIOTECAS ESCOLARES

 

 

 

 

DÍA DAS BIBLIOTECAS

As nosas bibliotecas están vivas e de celebración todos os días, pero este foi especial.

O alumnado de sexto de primaria acudíu á Biblioteca Punta Candieira do IES para coñecela e traballar a súa nova disposición. Realizaron un collage cheo de creatividade recreando os diversos espazos cos que consta e utilizando materiais  refugallo. Recordando que as bibliotecas da nosa vila queren  crear conciencia no coidado do medio ambiente.

O alumnado de quinto acudíu á Biblioteca Municipal López Cortón e o resto do centro disfrutamos do obradoiro de medo!!

Distribuir contido