COSTURA E BONECOS - BIBLIOTECA HUMANA #bibliotecainclusiva #STEAM #LecturaeFamilias #STEAM #bescolaresgal #TecendoRedes #BibliotecaCreativa #bescolaresgalabertas
Dentro do programa "Lectura e Familias" tivemos a Thais.
Con ela estivemos aprendendo a facer pequenos complementos
para @s nos@s bonec@s, unha pezas soltas que remataron no obradoiro
de costura e sufriron un gran cambio. Os vestimos e fixemos camas e coxíns.
Por suposto, isto non tería sentido se o xogo non fose a parte final (aínda que houbo
moito polo medio). Un xogo que permitiú traballar a expresión oral,
montando diálogos cos compañañeir@s. Tamén a arte plástica en 3D
tivo o seu punto forte, pois outr@s quixeron realizar mobles para a
futura casa dos seus bonecos. Isto que hoxe vedes nunhas poucas
fotografías é o traballo de varias semanas nas que a motivación do alumnado
era inmensamente alta, tanto pola participación dunha famila como do
producto final que conseguirían. Agora terán que coidalos moito, pois son
totalmente artesanais, pois foron construidos en madeira
pola familia de David. Gracias a todos os que o fixeron posible!