Os Vagalumes de 1º C subiron ben alto a unha escritora da nosa vila, Fusa Guillén (escritora, dramaturga e unha incansable promotora de cultura).
Tendo como base a exploración do nome e apelido da escritora, o descompuxeron e descobreron e compuxeron outras palabras, que xuntas fixeron poesía.
Tal vez, unha poesía menos rimada ou un tanto absurda. Pero poesía, poesía das verbas, das súas verbas.
Quique Vázquez, puxo a súa voz para narrar palabras de Fusa. un anaco dun conto que leva por nome "A caixa crebacabezas xaponesa".
Quixeron conmemorar este día non só tendo na memoria a Fusa Guillén, senón tamén, facendo arte, escrito e natural. Servíronse dunha laranxeira con máis de 100 anos de historia que está ao pe do Concello de Cedeira.
No alto instalaron as súas poesías, para que voen, para quen desexe lelas, velas ou collelas.