Skip to main content

Novembro 2024

NOVIDADES EN FONDOS NOVEMBRO #bescolaresgal #bescolaresgalabertas

 

 

 

 

VISITAS GUIADAS EXPOSICIÓN "A MARAVILLOSA INFANCIA DO MUNDO" #bibliotecainclusiva #bescolaresgal #bescolaresgalabertas

O alumnado continúa gozando das visitas guiadas á exposición

fotográficas de Julia Farias, Beatriz Corbacho, Hiván Farias e Juan Reina.

Cantas historias en cada imaxe! Que vidas tan diferentes! Infancias diversas do mundo.

 

 

 

 

 

 

PROXECTO "COMUNIC-ARTE" #Cedeira #ABP #ALFIN #AMI #bibliotecacreativa #Axenda2030 #ODS #FamiliasnaBE #bibliotecainclusiva #bescolaresgal #bescolaresgalabertas

Un ano máis a biblioteca da escola embárcase nun proxecto de traballo onde a colaboración de toda a
comunidade educativa é indispensable. As nosas investigación basearanse no currículo cedeirés, sendo o
teatro un xénero con grandes antecedentes na nosa vila.


Comezando por Dina Montero, no 1907 e continuando con toda unha traxectoria de actores, actrices:
Fusa Guillén, Carlos Labraña, Quique Vázquez... e moitas/os outros/as que remaron conxuntamente para
que a vila de Cedeira goce dun alto nivel cultural. Decidimos adicar este curso escolar ao drama como
divertimento.


As artes escénicas, algunhas como a música xa investigadas o curso pasado, teñen outros dous grandes
xéneros: teatro e danza. Dúas categorías que serán exploradas neste curso escolar.


A colaboración das familias e axentes sociais é de vital importancia e virá definida neste términos:


* Aportacións de material gráfico (fotografías, vídeos...) nos que vosoutros ou algún familiar participara
de xeito activo nunha representación teatral, coreografía, danza... na escola, catecismo, festas da vila,
actividades de asociacións...


* Realización de tipo individual ou grupal dalgún tipo de representación/actuación: teatro, monólogo,
coreografía, danza, baile, maxia, monicreques, contacontos con apoios visuais, ... no que exista unha
comunicación como divertimento.

Para ámbolos dous casos temos dispoñible un anexo para cubrir e entregar na secretaría da escola.

 

 

 

 

 

 

 

 

CONTINUAMOS COA FORMACIÓN DE USUARIOS! #PLAMBE #VoluntariadonaBE #bescolaresgal #bescolatesgalabertas

 

Continúan pasando os cursos para recibir a formación de usuarios.

Este ano o noso alumnado voluntario de biblioteca de 5º e 6º

curso axudan ao profesorado a impartir a formación.

Grazas rapazada, sodes inmens@s!

 

 

 

 

 

 

BÁLSAMO PARA A TOS #Ciencia #LerCiencianaBE #bescolaresgal #bescolaresgalabertas


O alumnado de 1º de primaria investigan os poderes curativos

do tomillo e realizan unha receita contra a tos na cociña da biblioteca,

para darlles unhas fregas ás avoas e aos avós que

nestas datas comezan a coller os catarros.

Complementan a pomada coa creación dun marcapáxinas coa receita.

Así poderán facer máis cantidade na casa, se o desexan.

 

 

 

PROXECTO "O CORPO HUMANO" #Ciencia #LerCiencianaBE #bescolaresgal #bescolaresgalabertas

O alumnado de 6º de primaria investiga no seu proxecto do corpo

humano e realiza un xogo dos aparellos con material reciclado.

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

XORNADA BIBLIOTECAS ESCOLARES #XBEGA24 #bescolaresgal #bescolaresgalabertas

Formándonos e aportando formación. Compartir!