Skip to Content

PROPOSTA SEMANA DO 27 DE ABRIL AO 3 DE MAIO: VÍDEO EXERCICIO AERÓBICO

Ola a tod@s!

Como xa podedes saír a pasear, esperamos que aproveitedes para correr, saltar, montar en bici, patinar, xogar coa pelota e a todos os xogos populares que vos achegamos… Un pouco máis de exercicio sempre está ben. Iso si, saíde seguindo as normas (podedes consultalas na páxina web do cole).

Esta semana propoñémosvos novos retos e ademáis…

Invitámosvos a que nos enviedes algunha foto facendo as tarefas ou outro tipo de exercicio físico para poñer algunhas neste blog e así poder mirar e que vos miren os vosos compañeiros e compañeiras.

XA QUE VOS GUSTOU O DA SEMANA PASADA, AQUÍ VAI OUTRO VÍDEO DE EXERCICIO AERÓBICO. NESTA OCASIÓN CUN TOQUE DE KICKBOXING.

 RECORDADE…

 Aínda que esta proposta está máis orientada aos niveis de 4º, 5º e 6º,

coas adaptación necesarias podedes realizala tamén de xeito lúdico os máis cativos.

TEDE EN CONTA TAMÉN QUE:

  • Necesitades un pouco de espazo para facer a actividade con comodidade
  • É convinte hidratarse antes, durante e despois do exercicio.
  • É a segunda rutina deste tipo que enviamos… tede paciencia se non vos sae todo á primeira, podedes repetila varios días á semana.
  • Podedes regular vós mesmos a intensidade, o número de repeticións e o tempo de cada exercicio (ánimo que o conseguides!!!)
  • Sempre será máis entretido se convencedes a alguén da casa para que faga  a rutina con vós.

PERO SOBRE TODO NON VOS ESQUEZADES DO MÁIS IMPORTANTE…

MOVERSE  APRENDER  E  DIVERTIRSE.

FAI CLIC NA IMAXE



blog | by Dr. Radut