Prezadas/os compañeiras/os
A Secretaría Xeral de Política Lingüística (SXPL) pon á nosa disposición unha
importante selección de materiais relacionados coas festividades destas datas e que
nos poden ser útiles nesta situación de confinamento.
Entre outros, destacan os relacionados coa celebración do Día do Libro
(videocreacións, booktrailers, booktubers…).
Témolos en: https://www.lingua.gal/o-galego/promovelo/equipos-de-dinamizacion-da-
lingua-galega/datas-sinaladas/listado?tipo_recurso=Xestion/recurso/Dia_do_Libro/
https://www.cultura.gal/gl/aculturasegue
Neste mesmo espazo do Portal da Lingua tamén atoparemos unha gran variedade de
recursos educativos e lúdicos para divulgar a vida e a obra de Ricardo Carvalho Calero,
autor homenaxeado o Día das Letras Galegas 2020 (unidades didácticas, audiovisuais,
pasatempos, xogos…).
Mirade en: https://www.lingua.gal/o-galego/promovelo/dia-das-letras-galegas
Outras iniciativas dinamizadoras nas que pode participar o alumnado dende a casa, mesmo coa
colaboración das súas familias:
- Contádenos o voso Día das Letras: un certame convocado pola RAG para promover
entre os nenos e as nenas de infantil e primaria o desenvolvemento de actividades
sobre Carvalho Calero.
O prazo para envialas remata o 30 de xuño.
Bases en: http://primaveradasletras.gal/certame-contadenos-o-voso-dias-das-
Saúdos cordiais e moito ánimo para tod@s