DÍA DA PAZ 2015
Aínda que todos estaremos de acordo en que os días da non violencia e a paz teñen que ser todos os días do ano...Tampouco está nada mal que adiquemos unha xornada a reflexionar sobre os nosos comportamentos coa fin de seguir mellorando na relación cos demais.
Este curso, entre outras actividades:
Fixemos un gran mural-puzzle entre todos os niveis
Recollemos información e fixemos varios carteis e murais recordando a
algunhas persoas que adicaron os seus esforzos a que o noso mundo fora un lugar
onde houbese menos violencia e a paz chegase a un maior número de persoas
Lembramos tamén aos últimos Premios Nobel da Paz...
MALALA YOUSAFZAY
KAYLASH SATYARTHI
E, por suposto, preparamos unha canción ("Apertas que voan") cunha mensaxe relacionada coa celebración desta data que nos fixo compartir un emotivo momento no patio do noso cole.
Xulgade vós mesmos!