CANGAS, MOITO QUE VER, MOITO QUE APRENDER
Enviado por Amalia o Ven, 07/10/2022 - 19:22
Estimadas familias, este curso no CEIP Nazaret traballaremos sobre CANGAS.
Dende o equipo de biblioteca solicitamos a vosa colaboración na actividade
“Cangas onte e hoxe”
Pretendemos facer unha exposición comparando fotografías antigas e actuais de Cangas (poden
ser fotografías de calquera recuncho do municipio: Cangas, Aldán, Hío, Coiro ou Darbo)
O que queira participar deberá traer ao cole fotocopia da fotografía antiga e fotocopia da foto
actual.
No reverso deberá aparecer nome do alumno, curso, data e localización da fotografía antiga.
Deixámosvos un exemplo:
CANGAS ONTE. PRAZA DA CONSTITUCIÓN.
CANGAS HOXE
Entregar antes do venres 14 de outubro.
Animádevos a participar!!!