Skip to Content

DÍA DA MULLER E A NENA NA CIENCIA

No ano 2015 a ONU proclamou o 11 de febreiro como o Día Internacional da Muller e a Nena na Ciencia.

Desde o blogue "viva nuestra energía"  poderemos ver unha presentación moi interesante sobre este tema.

Clica na imaxe para aprender algo máis.

 

No noso cole, aproveitando a estupenda información achegada desde a Universidade de Vigo, elaboramos un fantástico mural para coñecer algo máis sobre algunhas das mulleres máis destacadas do ámbito científico.

 

Para rematar, deixámosvos unha proposta para que investiguedes...

Sabedes que é o Efecto Matilda?

Tes unha pista na porta da nosa Biblioteca!

 



blog | by Dr. Radut