ADMISIÓN ALUMNADO CURSO 2022-23 (LISTAS PROVISIONAIS DO ALUMNADO ADMITIDO)
PUBLICACIÓN DA LISTAXE PROVISIONAL DO ALUMNADO ADMITIDO NO NOSO COLEXIO.
A consulta das listaxes provisionais polas familias só se poderá realizar de forma:
a) Presencial: Única e exclusivamente no taboleiro de anuncios situado no interior
do edificio escolar. En base ás recomendacións vixentes en materia de protección
de datos persoais, non se considerará válido ningún outro medio físico de
publicación.
b) Non presencial: Única e exclusivamente a través da aplicación admisionalumnado
empregando a Chave365 ou certificado dixital da Fábrica Nacional da Moneda e
Timbre. En base ás recomendacións vixentes en materia de protección de datos
persoais non se considerará válido ningún outro medio electrónico de publicación.
DE TODOS XEITOS, QUEREMOS COMUNICARVOS QUE TODOS/AS ALUMNOS/AS QUE SOLICITARON PRAZA NO NOSO CENTRO DISPORÁN DESA PRAZA PARA O VINDEIRO CURSO.
A FORMALIZACIÓN DA MATRÍCULA FARASE EN XUÑO.