Skip to Content

Blogues

Baile das letras galegas: Terra Tanxugueiras

Excursión á Casa Grande de Xanceda

 

 

 

Sereas e Tritóns.

O alumnado de 5 anos de infantil estiveron investigando sobre as sereas e os tritóns, este curso no que investigamos sobre deuses, mitos, e seres mitolóxicos fixeron un traballo xenial, clica na imaxe para ver o vídeo.

A FESTA DOS MAIOS...

Aí vén o maio
de frores cuberto ...

Puxéronse á porta
cantándome os nenos.....

(Poema Curros Enríquez)

      Como di o poema chegarón os maios o noso cole, e o noso alumnado creou

verdadeiras obras de arte coas flores que recolleron coas súas familias.

       Aquí vos deixamos as súas creacións..

 

 

 

 

   Dende o equipo queremos dar as gracias a todos: nenos pola súa creatividade, familias 

pola axuda coas flores e compañeiros por seguir adiante coa nosa iniciativa.

 

 

Aí ven o Maio.

Mirade que decoración tan estupenda nos fixo Andrea Castiñeira  de 6º B!

A primavera chega a nosa biblioteca, libros floridos saen dos andeis e colócanse na entrada... Virás ti a botar unha ollada?

Esperámoste!

Día do libro. Infantil

Os nenos e nenas de infantil fixeron un gran traballo de ilustración para celebrar o día do libro, despois de ler e imaxinar, puxéronse a crear, son uns verdadeiros artistas!

Clica na imaxe.

Día do libro. Primeiro e segundo de E.P.

Aquí vos presento a fantástica actividade do día do libro de primeiro e segundo de primaria...

O alumnado fixo un picnic de palabras e contos, un alimento estupendo para a imaxinación!!!

Iso si, antes de poder os contos desfrutar... os tiveron que buscar.

Clica e bótalle un ollo á actividade. O pasamos Xenial!!!

Actividades día do libro. Quinto e sexto de primaria.

A axencia de detectives do CEIP Nazaret presenta….

“Na procura do libro misterioso”.

Cada equipo deberá descubrir que libro lle corresponde, para iso deberá seguir as pistas, investigar sobre os personaxes e os escenarios da trama… ao final conseguirán abrir o candado que lles dará o triunfo?

Benvidos ao  breakout máis literario de todo Nazaret.

Actividades do día do libro. Terceiro e cuarto de Primaria

Os alumnos de terceiro e cuarto de primaria celebraron o día do libro cun taller moi interesante sobre a banda deseñada, puxeron en marcha a imaxinación e fixeron unhas obras literarias estupendas...

Tedes o resultado do seu traballo na biblioteca.

 

Xogamos as agachadas...

Dous personaxes dun libro moi importante de Miguel de Cervantes están agochados... será quen de atopalos?

Clica na imaxe ..

Distribuir contido



by Dr. Radut