Boas!!
A aula de 6ºB participamos na campaña "MOVILízate por la selva" do Instituto Jane Goodall. Trátase dunha campaña de reciclaxe de móbiles para a protección dos ecosistemas africanos: recollida de fondos para axudar ós chimpancés do Centro de Rehabilitación de Tchimpounga (Congo), proxectos locais en centro escolares de nenos mutilados ou con necesiddes espaciais ou creación de postos de traballo, entre moitas outras accións.
Durante o mes de outubro levamos a cabo a recollida de teléfonos móbiles en desuso. O noso obxectivo era recoller polo menos 30 teléfonos xa que a fundación premiaríanos co apadrinamento dun primate durante un ano. Fainos moita ilusión poder axudar así que puxémonos a traballar: estudamos ben as características da campaña, elaboramos carteis e explicámola por diferentes aulas e nas nosas casas.
As nosas familias, amigos e mestres colaboraron donando teléfonos e....
CONSEGUIMOS 31 MÓBILES!!!!!
Nos próximos días levaremos a cabo o apadriñamento oficialmente, estamos moi ilusionados!
Se vós tamén queredes colaborar, non é preciso recoller moitos teléfonos, un é suficiente!
Deixámosvos o enlace con toda a información : https://mobilitzatperlaselva.org/es/como.html