Skip to Content

3º Curso

PELUDOS INVISIBLES

Xoves 2 de xuño de 2016

Os nenos/as de 3.º de Primaria recibimos a visita da asociación Peludos Invisibles, formada por un grupo de persoas do Concello de Sanxenxo que teñen en común a defensa dos animais.

(Clicade na imaxe para acceder á páxina web de Peludos Invisibles)

A través desta actividade coñecemos a importante labor que esta organización está a desenvolver.

Ademais, fixéronlle a entrega dun agasallo a Lucía Feijoo Poza como gañadora do concurso de debuxo.

Así de orgullosos rematamos a xornada.

 

FESTA DE AULA

Que mellor forma de rematar o trimestre que celebrando unha festa de aula?

Pois dito e feito!!! Antes de comezar as vacacións de Nadal, celebramos unha divertida festa na que non faltou a comida e o baile.

Mirade que ben os pasamos!!!

 

 

 

ENVASES PARA O MAGOSTO

Chega o Magosto e, como é habitual, elaboramos os nosos envases para gardar as castañas. Aproveitando que estamos a traballar a reciclaxe en todo o colexio, fixémolos con tetra briks de leite.

Esperamos enchelos de castañas quentiñas e deliciosas!!!

 

 

 

ARAÑAS PARA O SAMAÍN!!!

Este ano, polo Samaín, fixemos unhas arañas terroríficas para adornar a aula.

Empregamos papel maché para facer o corpo e chenilla de cores para as patas.

Mirade que medo dan!!!

 

 

 

Distribuir contido


by Dr. Radut