Para conmemorar o Día da Muller realizamos este mural de Rosalía de Castro, unha das mulleres galegas que mellor nos representa. Decoramos a súa saia con poemas da súa obra.
Hoxe, en conmemoración do Día de Rosalía de Castro, o alumnado agasallouse cun libro en galego da Biblioteca e cunha flor, seguindo a proposta da Asociación de Escritoras e Escritores en Lingua Galega.
O alumnado de 6. º de educación infantil escoita unha peza interpretada cun poema da autora galega. O PDI de centro deste curso son as artes. E esta rapazada está traballando neste momento os instrumentos (o laúde neste caso). Aproveitamos para conmemorar o Día de Rosalía de Castro, 24 de febreiro.
Co gallo do Día de Rosalía de Castro, 24 de febreiro, animamos a todas as familias a sumarse á iniciativa da Asociación de escritoras e escritores en lingua galega, que consiste en agasallar cun libro en galego. Aquí vos deixamos algunhas recomendacións para as distintas idades.
Co gallo do Dia das Artes Galegas 2019, dedicadas a Luis Seoane, elaboramos este marcapáxinas. Todo o alumnado decorou o seu e o compartiu cun compañeiro ou compañeira como agasallo para as vacacións de inverno.
Aínda que o Mes da Ciencia en Galego xa foi en novembro, no noso centro traballamos tanto que non nos deu tempo a exhibilo antes, así que facémolo agora: o alumnado de 2. º e 3. º de educación primaria realizou diferentes experimentos explicando o seu funcionamento. Aí vos deixamos unha pequena mostra!
Dende o Equipo de Dinamización da Lingua propuxeron a actividade que se amosa no video, na que, o alumnado de primaria completa o rosco do pasapalaba e os nenos e nenas de educación infantil din as súas palabras preferidas.