Skip to Content

Recomendámosche

Comeza o Nadal na biblioteca

Xa está todo listo na biblioteca para a chegada do Nadal.

 

Temos contos novos relacionados co tema, ademais dalgúns clásicos. Animámosvos a subir a ler un conto do Nadal no tempo de lecer á calor da cheminea.

Temos moitas sorpresas organizadas para a semana que vén.....que andará organizando Nikoletto con este carro?

 

DÍA DA DIVERSIDADE NA BIBLIOTECA MOSTEIRÓN

Co obxectivo de concienciar ao noso alumnado sobre a diversidade, poñemos a disposición unha variedade de libros relacionados con este tema. Ao longo da semana pasada, o alumnado que visitaba a biblioteca durante o tempo de lecer, tivo a oportunidade de engadir palabras positivas para poñer debaixo do noso paraugas.

25N na biblioteca

Para o día 25N, a biblioteca propuxo unha actividade chamada coas miñas mans podo na que cada alumno e alumna, dentro dunha man decorada, tiña que escribir un verbo, indicando algo positivo que podemos facer coas nosas mans. Na biblioteca expuxemos unteha variedade de libros sobre o tema da violencia e xogamos a un crucigrama xigante.


O DÍA DA MÚSICA NA BIBLIOTECA

Hoxe celebrouse o día da música na nosa biblioteca co profe Héctor. Fixemos quebracabezas de diferentes compositores, participamos en xogos das emocións escoitando música, creamos notas musicais con plastilina e escoitamos libros CD.

Lembrade que temos moitos contos con música na biblioteca.

O Outono na biblioteca de Mosteirón

Chega o outono a nosa biblioteca e xa estamos a preparar actividades para Samaín e o Magosto, cara a sus chegada,  recomendámosvos estas lecturas!

Distribuir contido


by Dr. Radut