COMO MANEXAR OS ENFADOS
Cando as persoas pasan moito tempo xuntas na casa sen poder saír á rúa, é normal que xurdan enfados e rabechas pois, ás veces, non se queren facer as tarefas, hai que compartir espazos e tempos de traballo, esquécensenos as normas... Nestes días, seguriño que algún de vós tivo algunha!
Aínda que agora xa temos permitido saír a rúa un tempiño aínda non podemos facer o que queremos. Por iso, tantos os adultos coma os nenos/as temos que comprender que é totalmente normal ter algún que outro enfado. A labor dos pais é fundamental neste episodios procurando en todo momento disciplina positiva.
Déixovos un conto para os máis pequenos con actividades para manexar os enfados. Mirade no adxunto.
Tamén, un enlace por si vos animades a facer ioga en familia.
Supoño que vós como pais sabedes perfectamente como tedes que facer, non me cabe dúbida, pero se vos apetece mirade estes 7 consellos para poder afrontar situacións difíciles.
Adxunto | Tamaño |
---|---|
Aprende a manejar tu enfado. Conto infantil.pdf | 4.28 MB |