ELECCIÓNS AO CONSELLO ESCOLAR

O próximo luns 24 de outubro iníciase o proceso para a renovación parcial dos representantes no Consello Escolar do noso centro. Nesta convocatoria teremos que renovar dous representantes do profesorado e un dos pais, titores ou representantes legais do alumnado.

O vindeiro xoves 27 de outubro, ás 12.00h. celebrarase no noso centro o sorteo público para a designación dos membros da Xunta Electoral para as Eleccións ao Consello Escolar que se celebrarán proximamente.

Dende o equipo directivo animámos a presentar as candidaturas e a participar na votación.