INFORMACIÓN PARA O PROCEDEMENTO DE IMPLANTACIÓN DA XORNADA DE MAÑÁ
A petición da ANPA e en base á demanda de numerosas familias que prefiren a xornada que temos establecida en Setembro e Xuño para todo o ano, iniciamos o procedemento para tentar modificar o horario do centro para os vindeiros cursos escolares.
A Orde que establece dito procedemento é a do 29 de Maio de 2008 e enumera unha serie de requisitos a acadar:
- Acordo de 3/5 do Consello Escolar
- Acordo de 3/5 do Claustro
- Informe favorable do Servizo de Transporte
- Acordo favorable do 58% do total do censo de pais/nais ou titores legais do alumnado.
- Elaborar un plan específico de actividades extraescolares para o curso que ven.
Comezaremos o procedemento convocando un Consello Escolar, en sesión extraordinaria, e seguidamente o Claustro. De saír favorable o resultado en ambos, para conseguir a xornada continua, solicitarase o informe ó Servizo de Transporte.
De ser tamén favorable o informe solicitado a Transporte, organizarase unha rolda de información, dun mes de duración, para pais/nais e titores legais sobre o plan de actividades extraescolares e sobre como funcionará o centro coa nova xornada.
Calculamos que decembro e xaneiro poderán ser ese mes de información necesario e posteriormente as votacións.
Aclarar que dito horario non influiría no feito de ter comedor. Unicamente afectaría se neste baixara o seu número de usuarios.
Os horarios que se barallan como posibles serían:
- De 9:15 a 14:15 a xornada escolar e de 14:15 a 15:15 o comedor.
- De 9:30 a 14:30 a xornada escolar e de 14:30 a 15:30 o comedor.
Informar que tanto a dirección do centro como a ANPA están á vosa enteira disposición para aclarar calquera dúbida pero que se explicará todo con detalle na fase de información establecida, se os procedementos anteriores foran positivos á xornada continua.