BENVIDA
No CEIP Mosteiro-Bembrive ofertamos un modelo de ensinanza afectiva e acolledora, aberta á comunidade, inclusiva, motivadora e participativa, coa finalidade de que, día a día, o noso alumnado experimente multitude de vivencias que lles permitan medrar como persoas con valores.
BENVIDOS/AS Á NOSA ESCOLA!
SOLICITUDE E DISTRIBUCIÓN DE MÁSCARAS
Orde do 28 de outubro de 2021 pola que se regulan os criterios e o procedemento de distribución de máscaras entre o alumnado matriculado en educación primaria, educación secundaria obrigatoria e educación especial en centros docentes públicos dependentes desta consellería, así como en centros privados concertados, no curso 2021/22 (código de procedemento ED330E).
PRAZO DE PRESENTACIÓN: 15/11/21 - 26/11/21
ALUMNADO DESTINATARIO:
O alumnado matriculado en educación primaria, educación secundaria obrigatoria e educación especial:
1. -Fose beneficiario da axuda para adquirir material escolar (ESTE ALUMNADO NON TERÁ QUE PRESENTAR SOLICITUDE, XA É BENEFICIARIO DA ENTREGA DE MÁSCARAS)
2. -Non fose beneficiario da axuda para adquirir material escolar por diferentes circunstancias, perocumplan o requisito de renda per cápita igual ou inferior a 6000€ (ESTE ALUMNADO TEN QUE PRESENTAR A SOLICITUDE, QUE SE ENTREGA NO CENTRO OU DESCARGAR NA LIGAZÓN ANTERIOR)
- blogue de admin2
- APIs de Blogue